Cargando....
Concello de Lugo
01/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O CEI-Nodus acolle o III Maratón Empresarial Universitario promovido polo Concello de Lugo e a USC


# Xoves, 03/12/2009
A Concelleira de Economía e Emprego participou na entrega de premios aos gañadores do certame

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concello de Lugo e a USC celebraron durante a xornada de hoxe o III Maratón Empresarial Universitario, que se desenvolveu nas instalacións do CEI-Nodus.

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, participou na entrega de premios deste evento que pretende potenciar a cultura emprendedora entre os estudantes universitarios.

Os participantes neste certame deberon simular, en equipos dun máximo de catro persoas, a creación dunha empresa, tomando decisións estratéxicas e operativas nas diferentes áreas para competir cos demais equipos.

O equipo gañador foi o que obtivo os maiores beneficios, e os seus integrantes conseguiron cadanseu bolígrafo dixital e unha estancia de balde nun despacho do CEI-Nodus durante dous anos, no caso de crear unha empresa antes do 31 de decembro de 2010.

O Maratón Empresarial Universitario, dirixido aos mozos e mozas matriculados en calquera universidade galega no actual curso académico, pretende familiarizar aos estudantes co complexo mundo económico no que actúa a empresa, poñéndolle de manifesto as consecuencias das súas decisións. Ademais, potencia habilidades como o traballo en equipo, a análise da información, o proceso de toma de decisións baixo presión, a creatividade ou a xestión do tempo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova