Cargando....
Concello de Lugo
14/08/22
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza a VIII edición da Carreira Solidaria Lugo Monumental


# Venres, 04/12/2009
* A cita deportiva terá lugar o domingo 20 de decembro a partir das 11.00 horas
* O prazo de inscrición estará aberto ata o 16 de decembro


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentou xunto a, Javier de Labra, Director de Galicia de Divina Pastora Seguros, Mirian Garabito, Responsable de UNICEF en Lugo, e o Director de Publicidad de El Progreso, Luis Barrio, a VIII Carreira Solidaria Lugo Monumental.

Esta proba, que terá lugar o domingo 20 de decembro, xa cumpre a súa oitava edición consolidándose no ranking de carreiras galegas e sendo moi ben valorada polos participantes.

O Concelleiro explicou que “tendo en conta os tempos que vivimos temos que aportar algo á sociedade e neste caso o mundo do deporte non se pode quedar a un lado, este ano vai a haber unha cuota de inscrición simbólica para os adultos co que se fará un donativo a UNICEF que destinará ao programa Gotas para Nixeria”.

Como é tradicional celebrarase o domingo anterior ao Nadal e arrincará a por categorías a partir das 11:00 horas, abrindo a carreira os máis pequenos. A carreira absoluta comezará ás 12:00 horas. Aproveitando o tramo peonil da Ronda da Muralla, a saída instalarase neste punto en sentido a rúa Vilalba ata percorrer os 10 quilómetros que compoñen a carreira para os adultos e os percorridos de 300, 600, 1.000 e 1.500 metros para as categorías dos rapaces e rapazas.

O prazo de inscrición permanecerá aberto desde o 4 ata o 16 de decembro ás 20:00 horas e pode formalizarse a través das páxinas web www.lugo.es, www.elprogreso.es, e www.championchipnorte.com ou ben persoalmente nas oficinas da Concellería de Deportes, ou ben no diario El Progreso.

Como en anos anteriores, os participantes poderán recoller os dorsais e os chips na carpa que instalará a organización na Praza de Anxo Fernández Gómez o sábado 19 de decembro de 17:00 a 20:30 horas e o domingo 20 de 9:00 a 10:30 horas.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova