Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco preside a constitución do VII Goberno Infantil da cidade de Lugo


# Mércores, 09/12/2009
* No acto participaron ademais varios concelleiros da corporación, así como o Subdelegado do Goberno en Lugo

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Goberno Infantil
  • Goberno Infantil
  • Goberno Infantil
  • Goberno Infantil
Este mércores 9 de decembro ás 12:30 horas quedou constituído o VII Goberno Municipal Infantil, en presenza de numerosos representantes da Corporación local, entre eles, varios concelleiros e o Subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe. Os 25 rapaces tomaron posesión e xuraron ou prometeron o seu cargo de concelleira ou concelleiro nun acto presidido polo Alcalde de Lugo, José López Orozco.

Os colexios participantes na iniciativa foron: Albeiros, Illa Verde, ASPNAIS, Quiroga Ballesteros, Menéndez Pelayo e Galén.

O Goberno infantil componse de 8 áreas de traballo que son Urbanismo, Cultura e Educación, Medio Ambiente, Benestar Social, Deportes, Tráfico e Protección á Comunidade, Cidade rural e Desenvolvemento xuvenil.

Os membros deste Goberno Infantil son:

Alcaldesa: Blanca Ameijide Montenegro (ASPNAIS)

Concelleiro de Urbanismo e 1º Tenente de Alcalde: Guillermo Bodelo Díaz (Colexio Illa Verde)

Concelleiro de Benestar Social e 2º Tenente de Alcalde: Daniel Jesús García Rodríguez (Colexio Galén)

Concelleira de Medio Ambiente: Marta Teixeiro Blanco (Colexio Albeiros)

Concelleiro de Cultura e Educación: Juan Atanes Conde (Colexio Quiroga Ballesteros)

Concelleira de Deportes: Uxía Betanzos Morán (Colexio Illa Verde)

Concelleiro de Tráfico e Protección da Comunidade: Alejandro Rey Lugilde (Colexio Albeiros)

Concelleira de Cidade Rural: Paula Portela Cabana (Colexio Menéndez Pelayo)

Concelleira de Desenvolvemento xuvenil: Elena Valín Villanueva (Colexio Galén)

CONCELLEIROS/AS

Iván López González (ASPNAIS)
Mouna Ben Abrada (Colexio Quiroga Ballesteros)
Juan Gabriel Céspedes Flores (Colexio Quiroga Ballesteros)
Erlinda Rábade Odeña (Colexio Quiroga Ballesteros)
Nerea García Rodríguez (Colexio Quiroga Ballesteros)

Carlos Franco Fonte (Colexio Galén)

Tomás Ignacio Ortiz (Colexio Menéndez Pelayo)
Brais Vázquez Vázquez (Colexio Menéndez Pelayo)
Yaiza Cabaleiro Fernández (Colexio Menéndez Pelayo)
Sebastián Castañido Duque (Colexio Menéndez Pelayo)

Santiago Rouco Paredes (Colexio Albeiros)
Alez López Méndez (Colexio Albeiros)
Andrea Blanco Pérez (Colexio Albeiros)

Alberto Lago Barreiro (Colexio Illa Verde)
Andrea Castro Corredoira (Colexio Illa Verde)

MESA IDADE:

Blanca Ameijide Montenegro (ASPNAIS)
Erlinda Rábade Odeña (Colexio Quiroga Ballesteros)

O acto de constitución da nova corporación infantil comezou coa formación da Mesa de Idade integrada polos concelleiros electos de maior e menor idade.

Posteriormente, cada un dos 25 novos concelleiros tomaron posesión do cargo e xuraron lealdade á constitución.

O Alcalde explicoulles a importancia de ser responsables nesta nova tarefa que acaban de asumir e animounos a “traer ao Concello as inquedanzas que recollades dos vosos compañeiros”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova