Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta o calendario 2010 Vivir en Lugo dedicándolle especial interese á figura da Muralla


# Xoves, 10/12/2009
* O deseño súmase ás actividades relacionadas co aniversario da Muralla
* Así mesmo, presentouse unha guía con información de interese para as comunidades de propietarios


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou hoxe o calendario 2010 baixo o lema Vivir en Lugo. Trátase dunha publicación realizada polo Concello de Lugo cuxo deseño e ilustración foi feita por Joaquín París.

Na edición para o ano próximo concedéuselle grande importancia á Muralla co obxectivo de enmarcalo nos actos que pretenden conmemorar o aniversario da monumento como Patrimonio Mundial.

As ilustracións recollen as actividades e festas máis significativas que se celebran na cidade, tales como o Arde Lucus ou o Corpus. Así mesmo, recollen un saúda do Alcalde e da Concelleira, recomendacións para o Ano Compostelano e o calendario de impostos.

O calendario goza dunha grande acollida entre os lucenses. Editáronse un total de 5.000 exemplares.

Así mesmo, Luisa Zarzuela deu conta da edición dunha guía subvencionada pola Oficina de Consumo sobre as comunidades de propietarios. Trátase dunha publicación a disposición de todos os cidadáns na que atopar todos aqueles aspectos relacionados co réxime de propiedade horizontal.

A guía, da que se editaron 1.000 exemplares, foi elaborada polo Secretario Xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López Crespo.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova