Imprimir

O ALCALDE DE LUGO RECIBIU NA CASA DO CONCELLO AOS NENOS DO COLEXIO MARÍA AUXILIADORA


10/12/2009 O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu hoxe na Casa do Concello aos nenos do Colexio María Auxiliadora.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu hoxe na Casa do Concello aos nenos do Colexio María Auxiliadora que se achegaron á Casa consistorial para realizar unha visita e coñecer o funcionamento do Goberno Local.

López Orozco recibiunos no Salón de Plenos onde lles explicou o modo de proceder a as responsabilidades do Goberno Local.
 
No encontro participaron máis de 50 rapaces de primaria. Logo da visita ao Consistorio realizaron unha ruta pola cidade para coñecer os seus monumentos.