Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Sonia Méndez destaca que os orzamentos para este ano son realistas e rigorosos e anima á oposición a arrimar o ombro


# Xoves, 10/12/2009
* A Concelleira defende a idoneidade de apoiar unhas contas acordes co actual momento de crise
* Mañá leverase a cabo unha nova xuntanza para tratar de achegar posturas


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, compareu esta mañá ante os medios de comunicación para dar conta da reunión celebrada onte cos grupos políticos en relación co borrador de presupostos para 2010. Sonia Méndez lamentou a actitude de pouca colaboración do Partido Popular en relación cos orzamentos e animounos a reler a información e arrimar o ombro.

A Concelleira explicou que hoxe lle foi remitada á oposición toda a documentación solicitada e que mañá haberá unha nova reunión na que tratarán de achegar posturas en relación coas contas para o ano próximo.

En relación coas obras, destacou que en 2010 se van a levar a cabo numerosos proxectos e non se vai paralizar ningunha das obras previstas. Subliñou que o Concello conta cun total de 22.397.141 euros para acometer obras, derivadas da suma do capítulo 6, do 7 e do FEIL.

Unha contía que permitirá desenvolver obras na zona rural e na urbana, melloras na seguridade viaria, desenvolver o Plan Urban, así como conseguir que Lugo siga sendo a cidade de España que máis destine a gasto social.

Sonia Méndez desglosou o investimento que se realizará na cidade o ano próximo:
  • Seguridade e orde público 2.016.400 euros
  • Expropiacións 1.500.000 euros
  • Infraestruturas urbanas 3.178.000 euros
  • Auga 1.450.000 euros
  • Zona Rural, infraestruturas e iluminación 1.627.430 euros
  • Parques e Xardíns 2.550.000 euros
  • Fogar do transeúnte 400.000 euros
  • Plan Urban 5.580.000 euros
  • Centros públicos 250.000 euros
  • Intalacións deportivas 650.000 euros
  • Sociedade da Información 350.000 (instalación da banda ampla na zona rural)

O Concello estudará a adquisición dun edificio do centro para destinalo ás novas tecnoloxías.

A Concelleira deu conta dos ingresos que se oterán derivados dos recursos propios e do préstamo contraído polo concello que ascenden a un importe de 7.367.900 euros. A estas contías hai que sumar a achega do Estado, o Feil achega 9.369.041 euros, a Deputación 650.000, a Xunta 1.531.200 euros e a UE que achega 3.479.000 euros.

Trátase, indicou “duns orzamentos realistas e rigorosos que permitirán executar todas estas actuacións”.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova