A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, compareu esta mañá ante os medios de comunicación para dar conta da reunión celebrada onte cos grupos políticos en relación co borrador de presupostos para 2010. Sonia Méndez lamentou a actitude de pouca colaboración do Partido Popular en relación cos orzamentos e animounos a reler a información e arrimar o ombro.
A Concelleira explicou que hoxe lle foi remitada á oposición toda a documentación solicitada e que mañá haberá unha nova reunión na que tratarán de achegar posturas en relación coas contas para o ano próximo.
En relación coas obras, destacou que en 2010 se van a levar a cabo numerosos proxectos e non se vai paralizar ningunha das obras previstas. Subliñou que o Concello conta cun total de 22.397.141 euros para acometer obras, derivadas da suma do capítulo 6, do 7 e do FEIL.
Unha contía que permitirá desenvolver obras na zona rural e na urbana, melloras na seguridade viaria, desenvolver o Plan Urban, así como conseguir que Lugo siga sendo a cidade de España que máis destine a gasto social.
Sonia Méndez desglosou o investimento que se realizará na cidade o ano próximo: