Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo colobora con ALTAGA para achegar os obradoiros nutricionais saudables á escola


# Xoves, 10/12/2009
Esta semana os obradoiros serán impartidos no Anexa

A Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro está a organizar en colaboración coa Asociación de Licenciados en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos de Galicia (ALTAGA) obradoiros nutricionais orientados a nenos en idade escolar.

Así, aqueles centros escolares que o desexen poden contar con estas xornadas formativas destinadas a alumnos de todas as idades.

Con esta iniciativa preténdese:
  • Fomentar a educación nutricional dos nenos desde a súa andaina escolar
  • Iniciar aos escolares no mundo da cociña e da gastronomía
  • Apender a mercar os alimentos, preparalos e cociñalos
  • Estimular comportamentos positivos que favorezan a aceptación e o desenvolvemento duns hábitos saudables

Estes obradoiros buscan que os escolares aumenten os seus coñecementos sobre os alimentos e o seu valor nutritivo para que poidan aplicalo na súa vida diaria, adquiran hábitos alimetarios saudables e aprendan a valorar os recursos naturais das distintas zonas xeográficas e a protexer o patrimonio gastronómico e cultural.

Os obradoiros prácticos están orientados aos nenos en idade escolar desde os 3 aos 12 anos.

Calendario nos centros da cidade:
Xoves e venres no Anexa
15 e 17 de decembro no María Auxiliadora


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova