Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Sonia Méndez destaca o mantemento do equilibrio presupostario do Concello de Lugo


# Venres, 11/12/2009
* O luns celebrarase a última reunión coa oposición para avanzar na aprobación dos orzamentos

Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, informou hoxe do nivel de execución do Concello de Lugo no terceiro trimestre do ano, un documento entregado en tempo e forma cuxos datos son “alentadores e positivos”, posto que o presuposto se mantén equilibrado.

En relación coa comparativa de gastos, Sonia Méndez destacou que se ten producido unha importante contención do gasto corrente mediante o bloqueo da partida de gastos diversos das concellerías ata un 30%.

A pesar da redución, subliñou, tanto en 2009 como acontecerá en 2010, aumenta o gasto social e séguese facendo fronte ás obrigas fixas, a pesar dos pagos, inferiores aos efectuados en 2008. Así, os pagos de 2009 suman 17.278.000 euros e os do ano anterior 17.285.000 euros.

Neste sentido, valorou a baixada do gasto corrente, ao tempo que se referiu a que se ten duplicado a inversión (capítulo 6) en relación co exercicio de 2008. No 2009 o gasto estivo en 12.418.000 euros mentres que en 2008 foi de 6.423.000 euros.

Así mesmo, puxo de manifesto o mantemento do equilibrio presupostario, tal e como demostran os datos: 56.672.000 euros en pagos e 56.675.000 de recadación a setembro de 2009. Os datos demostran que o presuposto se mantén equilibrado “co que previsiblemente se pechará o ano con superávit, ao igual que o pasado ano”.

Trátase dunha tendencia que continúa grazas ás medidas de contención que prevén os boas resultados a final de ano. Lugo, indicou Sonia Méndez, comparado con outros municipios atópase nunha situación financeira privilexiada grazas á liquidez, o que fai que nóminas e provedores reciban os pagos de forma puntual.

Sonia Méndez deu conta da reunión mantida hoxe cos grupos políticos para avanzar na tramitación dos orzamentos municipais para o vindeiro ano. O luns pechará a ronda de reunións na que o Goberno Local espera achegar posturas e que os orzamentos conten co apoio dos grupos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova