Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo manifesta o seu interese por recuperar a Ludus Party o ano próximo


# Venres, 11/12/2009
* José López Orozco inaugurou as primeiras xornadas de redes sociais e blogs
* Destaca a posibilidade que ofrecen os blogs como ferramentas para trasmitir o coñecemento


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Xornadas
  • Xornadas
  • Xornadas
  • Xornadas
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, trasladou hoxe o seu interese por recuperar a festa de internautas Ludus Party o ano próximo, se as circunstancias económicas o permiten. Así llelo trasladou aos máis de 100 bloggeiros que participaron no CEI nas primeiras xornadas de redes sociais e blogs en Lugo.

O Alcalde de Lugo participou na inauguración da xornadas onde explicou que conta cun blog e unha páxina en facebook que intenta actualizar de xeito frecuente e manter unha relación fluida cos internautas.

Destacou a importancia dunhas ferramentas de traballo “indispensables no novo mundo que estamos a vivir”. Asegurou que nos atopamos “no inicio dunha nova época similar a aquela na que se descubriu a imprenta e todas as súas posibilidades”.

Así mesmo, puxo en valor as novas tecnoloxías, en tanto en canto presentan “unha importante oportunidade de compartir a materia prima que é o coñecemento”, polo que temos que apostar, incidiu.

As xornadas, organizadas pola Concellería de Servizos Xerais foron unha gran cita para blogueiros expertos e emprendedores no campo da Internet que debatiron sobre o actual fenómeno dos blogs e as novas iniciativas de participación na Rede. Así, contouse con conferenciantes de primeiro nivel galego e nacional que analizaron desde diversos puntos de vista os novos fenómenos de Internet.

Neste evento, participaron prestixiosos representantes de diferentes sectores (profesional, tecnolóxico, empresarial, periodístico, ético, académico...) que ofreceron un enfoque multidisciplinar para obter unha idea, o máis fiel posible, da situación da web social no noso país e a súa viabilidade de futuro.

Trataronse temas como:
  • O vídeo e a incipiente televisión on-line (o fenómeno YouTube, Joost...).
  • Twitter e a entrada en escea do microblogging.
  • Second Life e a presumible consolidación ou desaparición dun mundo virtual ao que se lle supón unha gran influencia.
  • A promoción das novas aplicacións web dos emprendedores do noso país.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova