Imprimir

O CONCELLO DE LUGO FARÁ PÚBLICO MAÑÁ O LISTADO DE RAPACES ADMITIDOS NA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL AS FONTIÑAS


14/12/2009 * A partir de mañá haberá un prazo de 10 días para efectuar reclamacións

O Concello de Lugo dará a coñecer mañá o listado de nenas e nenas admitidas na nova Escola Infantil Municipal As Fontiñas. A información publicarase no taboleiro de edictos do Concello e na Concellería de Educación.

A partir de mañá haberá dez días de exposición destes listados para reclamacións.

O día 29 de decembro publicaranse as listas definitivas.

Arredor do día 4 de xaneiro poderase matricular aos nenos e nenas admitidos na Escola. A documentación precisa para formalizar a matrícula aparecerá recollida xunto co listado definitivo o próximo día 29 de decembro.