Cargando....
Concello de Lugo
17/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Sonia Méndez confía en que os grupos da oposición apoien uns orzamentos "satisfactorios, moi sociais e moi investidores"


# Luns, 14/12/2009
* Avanza que se destinarán 190.000 euros máis para atención ás persoas con dependencia


Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, expresou hoxe a súa confianza e da do Equipo de Goberno en que os grupos da oposición decidan apoiar uns orzamentos “satisfactorios, moi sociais e moi investidores”. Así o expuxo logo da última reunión mantida cos grupos políticos con representación no Concello para achegar posturas sobre as contas do ano 2010.

Sonia Méndez explicou que se estudaron as demandas feitas polo BNG e se decidiu incrementar o gasto social, posto que “é unha filosofía que compartimos e o gasto social para nós é unha partida irrenunciable”, subliñou. Así, avanzou que se destinarán 190.000 euros máis para atención ás persoas con dependencia.

Así mesmo, deu conta dos pasos a seguir que pasan por aprobar os orzamentos en Xunta de Goberno Local, presentalos ao CES, así como á Comisión de Contas para, finalmente, sometelos á aprobación do pleno o próximo 28 de decembro.

Na súa intervención, a Concelleira de Economía e Emprego destacou que o PP non presentou ningunha proposta concreta, senón apreciacións en abstracto polo que confía en que finalmente lle dean o seu apoio ás contas para o ano próximo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova