Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta un completo programa de actividades de Nadal centrado no ocio familiar e nas persoas maiores


# Luns, 14/12/2009
* As Concelleiras de Cultura e Turismo e de Benestar Social e Igualdade presentaron hoxe a oferta para o Nadal na cidade


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

* O programa da Concellería de Cultura presenta 26 actos máis a Feira de Artesanía Artenadal

* A Concellería de Benestar propón bailes de salón, ceas de noiteboa e Nadal e amplía os horarios de aulas abertas e ociotecas, entre outros

As Concelleiras de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, presentaron hoxe a oferta para o Nadal na cidade, un completo programa de actividades centrado no ocio familiar, nas persoas maiores e naquelas persoas con maiores dificultades económicas.

Concepción Burgo deu conta da actuación de 12 corais que estarán en diferentes puntos da cidade desde o próximo 20 de decembro. Así mesmo, referiuse á representación de tres obras de teatro a cargo dos grupos Sarabela, Palimoco e Berrobambán que actuarán no Auditorio Municipal Gustavo Freire os días 23, 29 e 30 de decembro, respectivamente.

O programa cultural incluirá ademais danza contemporánea destinada ao público familiar. Esta desenvolverase no Auditorio Municipal o 22 de decembro ás 18,30 horas.

Os prezos das entradas para o teatro é a danza son simbólicos, 2 euros para os nenos e 4 para os adultos. Para recollelas abrirán as taquillas do teatro unha hora antes de cada actuación.

Concepción Burgo referiuse ademais ao programa de Reis que inclúe os cantos de reis a cargo das cantareiras Cantar das Eiras e María Castaña. A tradicional Cabalgata de Reis celebrarase o próximo 5 de xaneiro con saída desde Frigsa e chegada ao Concello. Este ano os Reis atenderán aos nenos no Concello pero farán o seu discurso desde o templete da Praza Maior por mor das obras que se están a acometer na Casa Consistorial.

A banda municipal ofrecerá 6 concertos comezando o martes 15 e ao longo de todo o Nadal rematando o 10 de xaneiro co concerto de valses de aninovo. O concerto de Reis celebrarase o domingo tres de xaneiro a cargo da orquestra sinfónica de Bucarest no Círculo das Artes. A entrada será libre ata completar o aforo.



Artenadal
O programa da Concellería de Cultura complétase coa feira de artesanía Artendal que se desenvolverá entre o 19 de decembro e o 5 de xaneiro en horario de mañá e de tarde. A feira está organizada polo Concello en colaboración coa Deputación de Lugo e a Asociación de Artesáns.

Pola súa banda, Carmen Basadre deu conta das actividades que se desenvolverán nos centros sociais da cidade con motivo do Nadal. A partir do 26 de decembro haberá bailes dos maiores nos centros de convivencia coa actuación do dúo Sombras das 18,00 ás 20,30 horas.

Calendario
Díaz Castro 26 de decembro
Maruja Mallo 27 de decembro
A Milagrosa 1 de xaneiro
Uxío Novoneyra 2 de xaneiro
Trapero Pardo 3 de xaneiro
Fingoi 9 de xaneiro

Novamente, celebrarase ademais o Nadal en compañía que se basea na organización de dúas ceas, de noiteboa e fin de ano para aquelas familias ou parellas que vivan soas ou que se atopen con problemas económicos. A cea celebrarse no restaurante Porta de Santiago ás 20 horas. A inscrición poderá facerse dirixíndose ao traballador social que corresponda ata o 18 de decembro.

O Auditorio municipal acollerá o 19 de decembro o festival A familia no Nadal ás 18,30. A entrada será de balde.

A Concellería que dirixe Carmen Basadre amplía os horarios das aulas abertas para prestar un servizo máis completo no Nadal. O prazo estará aberto ata o 18 decembro e diríxese a nenos de 4 a 12 anos. O prezo será dun euro por sesión, 2 por día completo.

O Concello pon a disposición das familias 160 prazas nos diferentes centros sociais en horario de mañá e tarde.

Para participar nas ociotecas hai que inscribirse na Casa da Muller durante os días 21, 22 e 23 de decembro entre as 10 e as 17 horas.

Por último, o 22 de decembro o centro de convivencia de Fingoi acollerá teatro e música cun repertorio variado de cantigas de Nadal.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova