Cargando....
Concello de Lugo
17/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo contratará unha asistencia técnica de apoio aos funcionarios municipais de cara a elaboración do informe previo á aprobación do PXOM


# Luns, 14/12/2009
* A comisión de planeamento reunirase de novo unha vez a Xunta reciba ao Concello para abordar o Plan

Imaxe Asociada
A Delegada de Urbanismo do Concello de Lugo, María Novo, anuncio hoxe que se vai contratar unha asistencia técnica de apoio aos funcionarios municipais de cara a elaboración do informe previo á aprobación do PXOM. A contratación irá á próxima xunta de compras.

“O Concello ten que seguir traballando, tramitando licenzas, facendo rúas, traballando en medio ambiente, polo que os técnicos municipais precisan un apoio para avanzar no traballo referente ao Plan”, destacou.

María Novo informou, así mesmo, da reunión mantida esta mañá na comisión de planeamento para dar conta das últimas xestións do Goberno Local en relación co Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Neste sentido, María Novo explicou que desde a Consellería de Cultura se informou ao Concello de que haberá unha nova reunión no mes de xaneiro para ver a postura do departamento que dirixe Jesús Vázquez respecto do informe solicitado ao Concello en relación co PXOM.

Tal e como avanzou a Delgada de Urbanismo, a comisión de planeamento reunirase de novo unha vez se celebren as próximas xuntanzas co Goberno galego e se coñeza a postura da Xunta.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova