Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta a segunda fase do programa Lugo Emprego Activo destinada a 150 mozos e mozas


# Martes, 15/12/2009
* O prazo para presentar solicitudes está aberto desde hoxe e ata o día 23 de xaneiro
* Na anterior edición o nivel de inserción laboral foi do 57%


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, presentou hoxe a segunda fase do programa Lugo Emprego Activo, unha iniciativa que comezou o seu percorrido o ano pasado e que conta cun orzamento de 2,3 millóns de euros, dos que o 80% procede do Fondo Social Europeo, de achegas da UE.

Lugo Emprego Activo é un programa cuxo obxectivo fundamental reside na inserción laboral daquelas persoas que se atopan en condicións de especial dificultade para acceder a un emprego. Diríxese a aqueles colectivos que contan con maiores dificultades como poden ser as minorías étnicas ou as persoas con discapacidade, entre outras.

Sonia Méndez destacou o bo resultado dos datos de inserción laboral que presenta o plan. Así, na anterior edición o nivel de inserción laboral foi do 57%.

Na nova fase presentada hoxe participarán 150 alumnos e alumnas que recibirán formación teórica e práctica en empresas. A oferta formativa presenta 10 cursos destinados a 15 alumnos por curso.

A oferta formativa é a seguinte:
Coidador de persoas discapacitadas físicas e psíquicas
Atención especializada para persoas enfermas de alzheimer
Axentes de desenvolvemento da comunidade discapacitada
Técnico en transporte sanitario
Monitor de educación ambiental
Técnico de sistemas de enerxías renovables
Mantemento de aire acondicionado e fluídos
Operador de estacións depuradores de augas residuais
Operario de redes e centros de distribución de enerxía eléctrica
Técnico en recuperación de espazos degradados

Os participantes no proxecto contarán cunha beca para desenvolver a súa oferta formativa.

Os beneficiarios do proxecto entran a formar parte dun itinerario integral e personalizado de inserción sociolaboral no que desenvolverán:

1. Formación teórico práctica: encamiñada a desenvolver as capacidade e acadar un nivel axeitado de coñecementos para a inserción no mercado laboral

2. Prácticas en empresas. As persoas participantes poderán poñer en práctica os coñecementos acadados para unha maior adaptación ás demandas das empresas

3. Titorización e seguimento personalizado. Durante todo o proceso os beneficiarios disporán dunha orientación personalizada e dun seguimento continuado por parte do equipo técnico do proxecto

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde hoxe e ata o 23 de xaneiro e pódese realizar a través do CEI ou do 010.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova