Imprimir

O CONCELLO DE LUGO RECOMENDA EXTREMAR AS PRECAUCIÓNS NA ESTRADA ANTE UN FENÓMENO METEOROLÓXICO ADVERSO


15/12/2009 * Recomendase circular con precaución por mor das nevaradas

O Concello de Lugo recomenda extremar as precaucións ante un fenómeno de meteoroloxía adversa para as próximas horas. A Xunta de Galicia avisou dunha alerta laranxa por neve polo que se recomenda circular con precaución.

O Concello recomenda extremar as precaucións ao volante, así como nos desprazamentos peonís polas beirarrúas e a cidade por mor das nevaradas.

A alerta afectará a partir desta noite ás 12 e ata nova comunicación e espéranse precipitacións en forma de neve por riba dos 300-500 metros subindo a cota gradualmente ao avanzar o día.