Cargando....
Concello de Lugo
17/07/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O próximo venres remata o prazo para inscribirse na VII Edición da Busca do Tesouro durante o Nadal


# Mércores, 16/12/2009
A actividade, promovida polo Concello de Lugo, desenvolverase os próximos 28 e 29 de decembro

O luns 28 e o martes 29 de decembro terá lugar en Lugo a VII Edición do xogo da Busca do Tesouro, que organiza a Concellería de Xuventude que dirixe Rosana Rielo.

Trátase dunha actividade de ocio alternativo para a mocidade lucense que se celebra dende hai 7 edicións dentro das actividades de Nadal que pon en marcha o Concello de Lugo. O obxectivo é que os rapaces e rapazas se divirtan ao tempo que coñecen mellor a cidade e afondan na súa historia.

Nesta edición da Busca do Tesouro haberá dúas categorías de participantes: a Categoría A, que vai dende os 14 ata os 17 anos, e a Categoría B de 18 a 30 anos.

Os participantes estarán divididos en equipos integrados por 3 persoas, que teñen que superar o reto de descifrar diferentes pistas ata descubrir un tesouro agochado nalgún lugar da cidade.

A actividade divídese en dúas fases, cada unha dela con dez pistas, que deben realizarse de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 horas. No caso de non superar a primeira fase, o equipo quedará descalificado e non poderá seguir xogando.

O concurso interrompirase ás 13:30 do mediodía para proseguir pola tarde (no caso de non rematar pola mañá) ás 16:00, na mesma proba na que se finaliza pola mañá. Unha vez concluídas todas as pistas de cada fase, os participantes deberán achegarse á Oficina de Información Xuvenil, situada no Centro Social Uxío Novoneyra.

As preguntas ás que deben respostar os equipos, poden ser consultadas nas bibliotecas públicas, empregando tanto libros coma internet, pero queda descartado o emprego de teléfonos e a utilización de Internet noutro sitio que non sexa a biblioteca ou os Centros de Convivencia do Concello.

O rastrexo deberá realizarse camiñando, e todas as persoas integrantes do equipo terán que acudir xuntas ás pistas para que se lles facilite a seguinte.

É necesario que todos os membros do grupo leven consigo o Documento Nacional de Identidade no transcurso da actividade. Ademais, deberán ir identificados mediante as tarxetas e o material que se lles proporcionará no momento da saída.

Os gañadores do concurso recibirán os seguintes premios:

- Categoría A: de 14 a 17 anos

           Primeiro premio: Ordenador portátil

           Segundo premio: Cámara dixital

           Terceiro premio: Mp4

- Categoría B: de 18 a 30 anos

            Primeiro premio: Viaxe a Tenerife

            Segundo premio: Cámara dixital

            Terceiro premio: Mp4

Inscricións
O prazo de inscrición para participar na Busca do Tesouro remata o 18 de decembro ás 19:00 horas.

Para máis información, os interesados poden chamar ao teléfono 982.297.496 ou dirixirse á Oficina de Información Xuvenil en horario de mañás das 9:00 ás 14:00 horas, e de tardes das 16:30 ás 19:00 horas, de luns a venres.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova