Cargando....
Concello de Lugo
17/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo aproba o cambio de ubicación do mercado de antigüidades e coleccionismo


# Mércores, 16/12/2009
* A Xunta de Goberno Local aprobou ademais o proxecto de regulamento da Escola Infantil Municipal de Fontiñas que abrirá as súas portas a principios do ano próximo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o proxecto da ordenanza reguladora do mercado de antigüidades e coleccionismo que modifica a súa ubicación habitual na Praza da Soidade ao fondo da Praza Maior. Os días de chuvia o mercado desenvolverase nos soportais da Praza do Campo.

Os obxectos aptos para a vendas serán antigüidades rústicas, cadros e pinturas, artigos coleccionables, reloxería, libros e revistas, películas, vídeos, discos e similares e artículos varios.

As dimensións dos postos será de 4 a 8 metros de fachada sendo o fondo máximo de 2 metros. O día de celebración será o segundo e terceiro domingo de cada mes e o horario de venda será de 10,30 a 14 horas.

A Xunta de Goberno Local outorgará as autorizacións por un período dun ano. A nova ordenanza irá ao Pleno do 28 de decembro.

Escola Infantil de Fontiñas
A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo aprobou hoxe o proxecto de regulamento da Escola Infantil Municipal de Fontiñas que prestará atención aos nenos de entre tres meses e tres anos de idade. A Escola conta con 61 prazas que xa foron dadas a coñecer e que, previsiblemente, poderán levar a cabo a matrícula na primeira semana de 2010.

A Escola oferta servizo de comedor para todas as idades e o seu horario de apertura será de 8,00 a 20,00 horas de luns a venres de xaneiro a decembro.

José Rábade deu conta ademais da contratación do servizo para a redacción do proxecto arqueolóxico, dirección de obra, coordinación en materia de seguridade e saúde e seguimento arqueolóxico durante a execución das obras de peonización e adecuación do contorno da rúa San Marcos. O contrato será financiado nun 70% por fondos FEDER.

O prazo de execución son 2 meses e o prezo ascende a 80.620 euros.

Así mesmo, co obxectivo de facer máis flexible e áxil o cemiterio, o Concello de Lugo modificou o regulamento xeral de servizos xerais indicando que o cemiterio permanecerá aberto todos os días do ano no horario que se estableza en función de época estacional. A novidade máis inmediata é que abrirá de 14,30 a 18,30.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova