Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os integrantes no programa Parnet-Tic pechan as xornadas de debate como punto de partida para a creación dunha rede de participación e servizos dixitais en cidades rurais


# Xoves, 17/12/2009
* O Concello de Lugo e a Deputación provincial participan no proxecto xunto con outros socios galegos, portugueses e franceses

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e a Vicepresidenta da Deputación de Lugo, Lara Méndez, participaron hoxe na clausura das xornadas Parnet-Tic, programa europeo no que participan ambas as administracións. As entidades sociais participantes no proxecto reuníronse en Lugo durante tres días para analizar experiencias sobre a e-administración e participación cidadá que serven de referencia para a creación dunha rede de participación e servizos dixitais en cidades rurais.

Nas xornadas participaron representantes da Deputación de Lugo, da Deputación da Coruña e Huesca, o Concello de Lugo, o de Águeda (Portugal) e Vile de Pau (Francia), así como a Pole Universitaire Européen de Montpellier (Francia).

O debate estivo alimentado polo relato dun plantei de responsables políticos e técnicos a través das súas experiencias no desenvolvemento da sociedade da información, a administración electrónica e a participación cidadá en diversas institucións locais que compartiron os seus coñecementos cos socios Parnet-Tic trasladándolles os avances no acceso do cidadán no trámite administrativo e en materia de participación. Tamén trataron aspectos relacionados coa mellora dos servizos e prestacións electrónicas, a definición dos novos procesos e fluxos de traballo, así como as ferramentas de participación implantadas (rexistro telemático, oficina virtual, foros, portal cidadán, bolsa de emprego, etc…).

Todos os ponentes convidados coincidiron na idea clave de que a administración electrónica é un proceso en continua evolución no que é imprescindible a participación cidadá, polo que é moi importante situar ao cidadán no lugar central de todo o proceso.

As xornadas finalizaron cun coloquio entre os socios Parnet-Tic e os ponentes convidados, establecéndose un diálogo aberto e unha análise das posibilidades de aplicación das experiencias presentadas nas distintas institucións representadas.

Os ponentes convidados
Mercedes Arranz, Xerente de Servizos de Asistencia ao Goberno Local da Deputación de Barcelona, sinalou que "nuestro reto es construír lo que ha de ser la Administración del siglo XXI, consolidando un sistema local eficiente y estructurado”, indicando que “nuestra realidad organizativa, de recursos humanos, política y cultural necesita adaptarse a una nueva forma de trabajo”.

Ademais, analizou as premisas da liña de asistencia en e-goberno da Deputación de Barcelona, o avanzado ata a actualidade e as liñas de traballo futuro.

Manuel Santiago Pérez, Concelleiro de Participación Cidadá do Concello de Ferrol, expuxo a experiencia piloto de Presupostos Participativos desenvolvida por Ferrol a partir dun modelo de participación universal, aberto aos veciños e veciñas maiores de 16 anos.

José María Ares Abalo, responsable de Innovación Tecnolóxica e Atención Cidadá do Concello da Coruña desglosou a experiencia práctica desta institución relativa á Sociedad da Información e, en concreto, a súa Plataforma de Administración Electrónica, partindo do Plan Director.

Cristina de la Hera Pascual, asesor técnico de novas tecnoloxías da Deputación Provincial de Huesca presentou a experiencia desta institución como soporte á implantación do Goberno Electrónico no contorno rural.

Luís Alves Martínez, Xerente de Optare Solutions e membro do Consello de Administración de Bit Oceans, desenvolveu a súa ponencia sobre seguridade de documentos e fraude electrónico, así como o instrumento de compulsa electrónica.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova