Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo colabora no VIII Torneo de Fútbol Sala de Base Cidade de Lugo no que participarán 96 equipos


# Xoves, 17/12/2009
* O torneo contará coa presenza destacada do FC Barcelona

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concello de Lugo participa no VIII Torneo de Fútbol Sala de Base Cidade de Lugo organizado pola Fundación Azkar presentado esta mañá polo Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío. Ademais do Concello de Lugo colaboran no evento a Deputación Provincial, a Xunta de Galicia, a Fundación Deporte Galego, Xacobeo 2010, Transportes Azkar, Centro Comercial As Termas, Asport21, Sykes, Coca-Cola e Mondariz.

O torneo contará coa participación de 96 equipos, galegos, do Estado e de Portugal, e con máis de 6.200 xogadores.

O torneo desenvolverase o 26, 27 e 28 de decembro (1ª fase) e o 2, 3 e 4 de xaneiro (2ª fase). O torneo xogarase no Palacio Municipal dos Deportes de Lugo, na Casa do Deporte, no Polideportivo O Palomar e no Polideportivo Terra.

Haberá dúas categorías: 1ª fase: benxamín, alevín, infantil e cadete (masculino).
2ª fase: benxamín, alevín, infantil e cadete (masculino) e cadete (femenino).

Na categoría masculina, na primeira fase, participarán 64 equipos, de toda Galicia.
Na segunda fase, serán 32 os equipos participantes, de toda España e Portugal.
Na categoría feminina haberá unha única fase composta por 8 equipos galegos.

Presenza de equipos de renome
Nesta edición volverán participar algunhas das mellores canteiras do panorama nacional como: Playas de Castellón, Marfil Santa Coloma, Futsal Madrid, Ciudad de Toledo, EFS Fair Play de Extremadura, Amanha da Criança, o Parrulo Ferrol, Vigo 2015, Club del Mar Sanamaro, Mare Nostrum e Burela FS. Destaca especialmente a participación no Torneo do FC Barcelona.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova