Imprimir

O CONCELLO DE LUGO ORGANIZA A VIII EDICIÓN DA CARREIRA SOLIDARIA LUGO MONUMENTAL QUE CONTA CON MÁIS DE 2.500 INSCRITOS


18/12/2009 * A cita deportiva terá lugar o domingo 20 de decembro a partir das 11.00 horas

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, organiza a celebración da VIII Carreira Solidaria Lugo Monumental, que se celebrará o vindeiro domingo 20 de decembro.

Como é tradicional celebrarase o domingo anterior ao Nadal e arrincará por categorías a partir das 11:00 horas, abrindo a carreira os máis pequenos. A carreira absoluta comezará ás 12:00 horas. Aproveitando o tramo peonil da Ronda da Mullara, a saída instalarase neste punto en sentido a Rúa Vilalba ata percorrer os 10 quilómetros que compoñen a carreira para os adultos e os percorridos de 300, 600, 1.000 e 1.500 metros para as categorías dos rapaces e rapazas.

Como en anos anteriores, os participantes poderán recoller os dorsais e os chips na carpa, da organización, na Praza de Anxo Fernández Gómez o sábado 19 de decembro de 17:00 a 20:30 horas e o domingo 20 de 9:00 a 10:30 horas.

A saída vaina dar Javier Gómez Noya, Triatleta do Cidade de Lugo Fluvial e actual Campeón de Europa de Triatlón e Subcampeón do Mundo, acompañado do alcalde de Lugo José Clemente López Orozco e a responsable de UNIFEC Lug, Mirian Garabito, a quen lle entregarán o cheque de 3.000 euros recaudados pola inscrición desta carreira solidaria.


O total de inscritos ascende a 2.632, e segundo categorías son:

- 1484 inscritos na carreira de Adultos.
- 188 inscritos para a distancia de 300 metros.
- 368 inscritos para a distancia de 600 metros.
- 354 inscritos para a distancia de 1.000 metros.
- 238 inscritos para a distancia de 1.500 metros.

Son un total de 1.484 adultos e 1.148 rapaces/zas.

Con motivo desta celebración anunciase o peche de diversas rúas da cidade que a continuación se detallan, en horario de 10:45 a 13:30 horas:

- Rúa Villalba.
- Ramón Ferreiro (ata rotonda Ancla).
- Anxo López Pérez.
- Ronda da Muralla.
- Rúa Recatelo.
- Rúa Ribadeo.
- Rúa Xeneral Tella.
- Praza de Avilés.
- Avda. Rodríguez Mourelo.
- Avda. Doctor Portela.
- Praza Pío XII.
- Rúa Bo Xesús.
- Praza Sta. María.
- Alférez Provisional.
- Rúa do Colexio dos R.R.P.P. Franciscanos.

O tráfico será restablecido a partires das 13:30 horas na súa totalidade.

A entrega dos trofeos está prevista para o Domingo ás 13:45 horas aproximadamente.