Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo ten executado catro fases das obras de accesibilidade do viario municipal nas que se investiron máis dun millón de euros


# Venres, 18/12/2009
* O Plan de Espazo Público presentado esta semana pretende duplicar o espazo para as persoas con mobilidade reducida
* Ao investimento sumaranse os 212.239,20 euros da fase V


Imaxe Asociada
O Concello de Lugo ten executado a día de hoxe catro das fases das obras de accesibilidade do viario municipal. Así o deu a coñecer esta mañá o Alcalde da cidade, José López Orozco, nun acto no que estivo acompañado polo Director Xeral da Fundación ONCE, Luis Crespo. As catro primeiras fases contaron cun investimento de 1.105.073,97 euros.

O pasado mes de outubro o Imserso e a Fundación ONCE realizaron unha avaliación de calidade das obras de accesibilidade resultando esta positiva.

Proximamente comezará a V das fases que conta con orzamento de 212.239,20 euros e comprende as seguintes rúas:
Avd. da Coruña I
Avd. da Coruña II
Milagrosa
Curros Enríquez
Illas Cíes
Río Narla
Alexandre Bóveda
Montefaro
Franco
P. Viana do Castelo
San Isidro Labrador
Laverca
Fontes
Mar Cantábrico
Santo Grial
Angelo Colocci
Gallego Tato
Lavandeira
Reiseñor

Antecedentes
En marzo de 2003 redactouse o proxecto de execución de obras de accesibilidade no viario do Concello de Lugo referido á construción de vados peonís, eliminación de barreiras arquitectónicas e urbanísticas e outras actuacións similares. O proxecto responde a un convenio asinado polo Concello de Lugo, o Imserso e a Fundación ONCE.

O Concello de Lugo decidiu dividir o proxecto en cinco fases co fin de executar as obras de forma progresiva, levando a cabo unha actuación/fase por ano. A división en fases responde a unha zonificación do ámbito de actuación global conforme ao guión de presentación de documentación técnica do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.

A execución das diferentes fases do sinalado plan financiáronse con cargo ao convenio entre o Ministerio, a ONCE e o Concello de Lugo.

Actuacións
As obras executadas nos últimos anos en materia de accesibilidade concrétanse na posta en práctica das seguintes actuacións:

- Instalación ou reforma de vados peonís nas súas diferentes tipoloxías.
- Eliminación nas beirarrúas de obstáculos de pequena e grande entidade.
- Protección de alcorques.
- Eliminación de descontinuidades no pavimento en zonas peonís.
- Instalación de barandillas accesibles.
- Ensanchamento de beirarrúas.
- Estarcido e sinalización de pasos de peóns.
- Creación de aparcamentos reservados a persoas discapacitadas.

Rúas executadas por fases:

Fase 1
Montevideo
Bolaño Rivadeneira
Praza do Ferrol
Manuel Amor Meilan
Quiroga Ballesteros
San Marcos
Praza de Santo Domingo
Luis Pimentel
Avda. Ramon Ferreiro
Hermanitas
Aviación Española
R. República Argentina
Doctor Gasalla
Río Sil
Profesor Otero Pedrayo
Perpetuo Socorro
Camiño Real

O orzamento base de licitación das obras ascendeu á cantidade de 330.274,59 euros. As obras iniciáronse en xullo de 2005 e recibíronse en abril de 2006, sendo o contratista adxudicatario Construccións Taboada e Ramos.

Fase 2
Rúa Vilalba
Rúa Anxo López Pérez
Praza da Constitución
Avda. Rodríguez Mourelo
Rúa Xeneral Tella
Rúa San Roque
Rúa Dinan
Rúa Galicia
Rúa Marina Española
Praza da Liberdade
Rúa Ortega y Gasset
Rampa Claudio López
Rúa Armórica
Rúa Pintor Corredoira

O presuposto de licitacións das obras ascendeu a 305.897,59 euros. As obras iniciáronse en xullo de 2006 e recibíronse en outubro de 2006, sendo o contratista adxudicatario Obras e Construccións Dios S.A.

Fase 3
Praza do Rei
Montero Ríos
Montirón
Ronda de Fingoi - Tramo Ii
Ronda Xosé Castiñeira
Cantigas e Frores
Estrada da Granxa
Alfonso X El Sabio
Avda. de Magoi

O presuposto de base de licitación das obras ascendeu á contía de 227.078,38 euros. As obras iniciáronse en outubro de 2007 e recibíronse en novembro do mesmo ano, sendo o contratista adxudicatario Aberman Empresa Constructora S.L.

IV Fase
Ronda do Carme
P. Fonte dos Ranchos
Dr. X. Alonso Hortas
Andoriñas
Tui
Serra Gañidoira
Lamas de Prado
Rio Navia
Camiño Real
Conde
Pintor Villamil
Xulia Minguillón

O orzamento base de licitación ascendeu a 241.823,41 euros. As obras iniciáronse en outubro de 2008, sendo o contratista adxudicatario Comfica Soluciones Integrales S.L. e recibíronse nos pasados meses.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova