Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo incrementará a partida destinada a emerxencia social para 2010 aos 150.000 euros


# Luns, 21/12/2009
* Ofertaranse 106 prazas nos centros de día de xeito que a lista de espera se verá reducida á metade

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, presidiu hoxe a Comisión de Servizos Sociais na que deu conta dos gastos do último semestre en relación coa emerxencia social e a axuda a domicilio. Carmen Basadre anunciou que o Concello de Lugo incrementará a partida destinada a emerxencia social para 2010 ata os 150.000 euros, 60.000 máis que o ano pasado.

Así mesmo, avanzou que as taxas de axuda a domicilio e centros de día quedarán exentas ata o 100% do IPREM.

No referente á emerxencia social, a partida destinada a este fin foi de 120.000 euros e ata o 31 de outubro consumíronse 80.000 euros. Tal e como destacou a Concelleira, a maior parte desta partida estivo destinada a aluguer (máis de 46.000 euros), gastos de mantemento de vivendas, alimentación, gastos farmacéuticos e compra de material escolar.

No que vai de ano un total de 625 persoas solicitaron a axuda.

En relación coa axuda a domicilio, en 2009 destináronse 1.042.000 euros a esta partida, que houbo que incrementar en máis 400.000 euros. Carmen Basadre explicou que existe un compromiso da Consellería de Traballo para anticipar no primeiro trimestre do ano o 50% da contía do plan concertado.

O Concello atende actualmente a 514 persoas, 118 deles dependentes, fronte ás 396 atendidas o ano anterior.

Tal e como explicou a Concelleira as contías recibidas por parte da administración son menores que as solicitadas, co cal o Concello se ten que facer cargo de parte dos custos derivados das axudas á libre concorrencia. Destacou que o Concello está a facer unha achega do 60% do plan concertado cando o compromiso era aportar o 33%, ao igual que a administración estatal e a autonómica.

O novo contrato para o ano próximo ascenderá aos 1.990.000 euros para 2010.

Centros de día
Os orzamentos para 2010 permitirán ofertar 106 prazas nos centros de día da cidade, de forma que a lista de espera quedaría reducida á metade situándose nas 30/35 prazas.

Ademais, Carmen Basadre explicou a reestruturación dos servizos sociais do Concello de forma que a oficina de inmigración desaparece pasando os seus integrantes a prestar o seu traballo na atención primaria. Informarase aos cidadáns mediante un mapa dos lugares onde lles corresponde acudir. Na Ronda da Muralla prestará o seu servizo a asesoría xurídica de inmigrantes e emigrantes retornados.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova