Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O matadoiro municipal permanecerá pechado á espera dunha solución satisfactoria para os intereses municipais


# Luns, 21/12/2009
* O Concello recorda que o servizo está cuberto polos matadoiros privados existentes no municipio e na provincia

O Concello de Lugo informa que o matadoiro municipal permancerá pechado á espera dunha solución satisfactoria para os intereses municipais. Así o fai saber logo de pechar o prazo para o concurso convocado para a xestión do servizo do matadoiro -ao que previsiblemente ían optar os carniceiros- e non terse presentado ningunha oferta.

A nova concesioraria tiña a obriga de subrogar todos os contratos dos traballadores da anterior adxudicataria. O plego fora feito atendendo ás suxerencias realizadas polo sector nas reunións mantidas co Concello.

Así mesmo, o prego recollía a realización de obras para acondicionar o matadoiro e a exención do canon ata amortizar a inversión.

O Concello de Lugo respeta a decisión dos carniceiros e confía en atopar unha solución satisfactoria para todas as partes implicadas.

O Concello recorda que o servizo está cuberto polos matadoiros privados existentes no municipio e na provincia.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova