Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo investiu en 2009 máis de 650.000 euros en xogos infantís e parques biosaudables


# Martes, 22/12/2009
* O Concelleiro de Medio Ambiente explicou hoxe as actuacións que está a desenvolver o seu departamento

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, deu conta hoxe das actuacións que está a levar a cabo o seu departamento en relación cos parques biosaudables e a instalacións de xogos infantís. Así, explicou que o Concello de Lugo ten feito en 2009 un investimento superior aos 650.000 euros no acondicionamento de parques e prazas.

Neste sentido, dixo que se realizou un investimento de 70.179 euros na Praza de San Lourenzo na instalacións de xogos infantís. En Romai o investimetno ascendeu aos 193.117 euros en xogos e obra civil. Na Fonte dos Ranchos o investimento ascendeu aos 89.609 euros que permitiron a instalación de xogos infantís por un importe de 74.609 euros.

Así mesmo, instaláronse dous parques biosaudables en Albeiros e a Fonte dos Ranchos nos que se realizou un investimento de 30.971 euros e 26.604 euros, respectivamente.

No Parque das Illas realizouse un investimento de 130.000 euros en obra civil e xogos infantís. O investimento no parque de Frigsa permitiu instalar xogos infantís, un parque biosaudable e acometer obra civil por valor de 119.500 euros.

Proxectos de futuro
En relación coas accións de futuro González Dopeso referiuse a melloras no Parque do Miño e no Parque de Rosalía, na zona de Montirón e en Sargadelos. As actuacións remodelarán ou completaránse con zonas de xogo e parques biosaudables.

As obras do FEIL permitirán ademais acometer parte do plan director do Parque de Rosalía.

Actuacións levadas a cabo polo Equipo de Goberno
En relación coas actuacións levadas a cabo polo Goberno Local González Dopeso referiuse ás entradas á cidade a través da NVI, a remodelación da estrada de Asturias, o Novo Hospital, a Nova Ponte, a potabilizadora, a depuradora, a rede de colectores, os accesos ao CEAO, o parque das Gándaras, xardíns, remodelacións, xogos, etc…
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova