Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo felicítalle o Nadal a todos os lucenses e deséxalles un bo ano 2010


# Mércores, 23/12/2009
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, aproveitou o día de hoxe para felicitarlles as festas ao lucenses e desexarlles un bo ano 2010.

Imaxe Asociada
“ Quero aproveitar este momento para felicitarvos o Nadal e desexarvos un ano 2010 venturoso. Polo medio teremos aos Reis Magos e é bo que nos traian a todos e cada un de nós o mellor. Como Alcalde de Lugo teño desexos para o conxunto da cidadanía no sentido de que Lugo siga medrando cunha petición especial aos Santos Inocentes, xa que ese día se someten a votación os orzamentos para que poidamos aprobalos.

Uns orzamentos que permitan seguir nesa senda de investir en persoas, investir en obras para que a cidade continúe a senda que ten emprendido. Quero que o ano que ven vexamos iniciadas as obras do Auditorio, que continúen as do Plan Paradai, que sigan a bo ritmo as da autovía a Santiago e a Ourense e a Nova Ponte.

Con eses investimentos e cos que faga o Concello estou convencido de que Lugo vai seguir medrando, modernizándose e competindo coas cidades europeas do noso tamaño, facendo unha cidade máis saudable e máis sustentable. Tamén espero que o ano que ven sexa o ano do Plan de Mobilidade.

Ademais, temos que recordar que en 2010 se cumpre o 10 Aniversario da Muralla que é algo de todos, polo que as celebracións repercutirán nos lucenses, polo que temos que encariñarnos coa cidade e que este ano sirva para que nos coñezan máis fora dos nosos límites.

Para todo isto hai que traballar, ter ilusión, ánimo e gañas dese cambio que fará que Lugo continúe avanzando metendo nese traballo ao maior número posible de persoas.

Teño que darvos as gracias polo esforzo, polo voso traballo e desexarvos persoal e institucionalmente o mellor para vós e as vosas familias.

Boas festas”.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova