Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade entrega os premios do XV Certame de debuxo "Educar para previr"


# Mércores, 23/12/2009
O concurso contou coa participación de 1.300 rapaces e rapazas de 12 centros educativos da cidade

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, participou onte no Centro de Convivencia Maruja Mallo na entrega de premios do XV Certame de debuxo “Educar para Previr” que este ano contou co lema A Escola: un espazo saudable. Neste certame participaron 12 centros educativos de educación primaria da cidade, sendo un total de cerca de 1.300 os rapaces e rapazas participantes.

Os 12 gañadores recibiron cadanseu diploma, un vale de 50 euros para material escolar, un calendario e o libro Familias, jóvenes, drogas y tiempo libre, editado polo Concello.

Na entrega de agasallos participaron, ademais da Concelleira, as familias dos premiados, así como diverso profesorado dos centros educativos.

O certame é unha iniciativa do Servizo Municipal de Prevención das Drogodependencias que ao longo de todo o curso se achega aos diferentes centros educativos tanto de primaria como de secundaria para ofertar aos rapaces e rapazas información acerca da temática das drogas e das súas consecuencias. Este tema tan importante, precisa a implicación de ámbitos como a familia e a escola, sendo o profesorado un axente importante pola súa labor educativa e social.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova