Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo recorda que todas as accións levadas a cabo no matadoiro municipal pretenderon salvagardar os dereitos dos traballadores


# Mércores, 23/12/2009
* O Concello recorda que o servizo está cuberto polos matadoiros privados existentes no municipio e na provincia

O Concello de Lugo recorda que todas as accións levadas a cabo en relación co matadoiro municipal dos últimos meses pretenderon salvagardar os dereitos dos traballadores como cuestión irrenunciable.

O Goberno Local interesouse en todo momento pola salvagarda dos dereitos dos traballadores, para tratar de poñer fin a unha situación insostible para ambas partes, posto que o Concello seguía acumulando unha débeda derivada da falla de pago da empresa e os propios traballadores estaban nunha situación de impago de nóminas.

Neste sentido, mantivéronse numerosas reunións coas partes implicadas co fin de chegar a unha solución satisfactoria. Tanto o concerto como o concurso abertos por parte do Concello de Lugo recollían como condicións indispensables a subrogación dos traballadores que prestaban o seu servizo nas instalacións do matadoiro.

O Concello de Lugo informa que o matadoiro municipal permanecerá pechado á espera dunha solución satisfactoria para os intereses municipais e lamenta que as propostas ofertadas non conseguisen contar co respaldo de ningunha empresa nin dos carniceiros.

O Concello recorda que o servizo está cuberto polos matadoiros privados existentes no municipio e na provincia.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova