Imprimir

O CONCELLO DE LUGO CUMPRE O SEU COMPROMISO COS FUNCIONARIOS DA POLICÍA LOCAL QUE REALIZARON SERVIZOS DE NOCTURNIDADE


28/12/2009 A Xunta de Goberno aprobou o aboamento dos atrasos aos policías que prestaron o servizo entre o 31 de maio do 2004 e o 1 de xaneiro de 2009

O Goberno Local, cumprindo co seu compromiso cos traballadores municipais, aprobou en Xunta de Goberno Extraordinaria esta mañá o aboamento de atrasos aos membros do corpo da Policía Local que realizaron noites desde o 31 de maio de 2004 ata o 1 de xaneiro de 2009, data na que se incluíu a cantidade no complemento específico.

O Concello aboará os atrasos de 61,27 euros ao mes a todos os policías locais en concepto de nocturnidade, a aqueles funcionarios que efectivamente prestaron os servizos que non foron remunerados co complemento específico.

Este aboamento supón un gasto global de 399.230´27 euros en retribucións e 255.217´32 euros correspondentes ás cotizacións á Tesourería da Seguridade Social.

Por outra banda, estase a preparar o expediente de devolución dos ingresos indebidos aos funcionarios que cobraran a nocturnidade sen ter realizado o servizo.

Coa aprobación deste gasto o Goberno Local pretende garantir a igualdade entre todos os policías que realizaron efectivamente horas de traballo efectivo en cumprimento co decreto de reestruturación do ano 2004.