Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O 31 de decembro celébrase a 15ª Carreira Pedestre San Silvestre


# Martes, 29/12/2009
Os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán un trofeo

Imaxe Asociada
O Concello de Lugo, a sección de Atletismo do Club Fuvial de Lugo, o Club Media Maratón, a Deputación Provincial de Lugo e a Secretaría Xeral para o Deporte, organizan a 15ª CARRERA PEDESTRE – SAN SILVESTRE, que se terá lugar na cidade o 31 de decembro a partir das 16.30 horas.

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, afirmou que “esta é a mellor maneira de rematar o ano deportivamente e agardamos acadar como noutras edicións un bo número de participantes”.

A saída e a chegada para as carreiras infantís situaranse na zona do Paseo Fluvial próximo ao Pazo de Feiras e Congresos. Para a carreira de adultos a saída será no mesmo lugar e a chegada na zona de entrada do Edifico Principal do Club Fluvial de Lugo.

Segundo explicaron os organizadores establécense as seguintes categorías e distancias:

CARREIRAS INFANTÍS
- CATEGORÍA MINI: Feminina/Masculina – Nados nos anos 2004 - 2005 (distancias inferiores a 0,5 qm)
- CATEGORÍA "A" : Feminina/Masculina – Nados nos anos 2001 - 2002 - 2003 (distancias inferiores a 1 qm)
- CATEGORÍA "B" : Feminina/Masculina - Nados nos anos 1998 - 1999 - 2000 (distancias entre 1,5 e 2 qm)
- CATEGORÍA "C" : Feminina/Masculina - Nados nos anos 1996 - 1997 (distancias entre 2 e 3 qm)
- CATEGORÍA "D" : Feminina/Masculina - Nados nos anos1994 - 1995 (distancias entre 2 e 3 qm)

CARREIRA ADULTOS (aproximadamente 6.5 qm.)
- CATEGORÍA E 1989 -1993
- CATEGORÍA F 1979 - 1988
- CATEGORÍA G 1969 - 1978
- CATEGORÍA H 1959 - 1968
- CATEGORÍA I 1958 e anteriores

Os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán un trofeo e unha camiseta o resto de participantes.

Os corredores e corredoras das carreiras infantís que están a participar no circuíto "Corre con nós" non precisan facer a inscrición. Os restantes atletas deberán realizala o día da proba entre as 15.30 horas e as 16.15 horas na saída da carreira.

Os adultos poderán realizar a súa inscrición na web www.championchipnorte.com desde o día 17 ao 27 de decembro ás 22 horas. Os corredores que non posean o chip de control terán que aboar 2,00 € en concepto de aluguer, no momento de inscribirse na páxina web.

Os corredores que estean participando no "Corre con nós" deberán utilizar o dorsal facilitado para este circuíto. Mentras que os que soamente se inscribiron nesta edición da San Silvestre, deberán recoller o seu dorsal e o chip de control de 15,30 a 16,15 no posto da organización.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova