Cargando....
Concello de Lugo
24/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo continúa a desenvolver o proxecto de atención ás familias lucenses


# Mércores, 30/12/2009
A Xunta de Goberno abriu o procedemento de adxudicación do servizo de desratización, desinsectación e desinfección

Imaxe Asociada
A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o gasto de 100.218 euros para a execución do proxecto de atención familiar entre o 5 de agosto de 2009 e o 5 de agosto de 2010. A empresa encargada da realización deste programa é a mercantil AO Mayores Servicios Sociales SL.

Segundo explicou o Voceiro do equipo de Goberno, José Rábade, “o obxectivo é intervir coas familias para potenciar os seus recursos e minimizar os factores de risco, ofrecer un servizo preventivo de atención temperá para evitar o absentismo escolar en adolescentes e facilitar o seu desenvolvemento social, a través dunha intervención especializada nas áreas escolar, persoal, social e familiar”. Con esta iniciativa preténdese contribuír a un coñecemento máis preciso das situacións sociofamiliares dos menores acollidos en familia extensa, colaborar co conxunto da rede de servizos sociais e demais áreas implicadas nos aspectos relativos á área de intervención familiar.

O obxectivo é elaborar un programa ou protocolo de intervención estruturado e coordinado polos Servizos Sociais Municipais para o que será necesario coñecer a situación real das familias que dende Servizos Sociais se considere que deban ser obxecto desta intervención e realizar accións formativas e sesións de coordinación cos profesionais do servizo.

O proxecto diríxese á atención das familias en situación de risco, detectadas polos Servizos Sociais Municipais de atención primaria e que se axusten a algunha das circunstancias:

- Grupos familiares desestructurados que precisen intervención social intensiva no seu entorno.
- Grupos familiares con carencia ou escasa motivación ou conciencia da situación de risco.
- Nenos adolescentes con absentismo escolar e problemas de conduta.

Realízanse funcións de análise e valoración da situación das familias, asesoramento e orientación ás mesmas, apoio social, educación familiar, terapia familiar e desenvolvemento de accións educativas.

Por outra banda, o Concelleiro explicou que a Xunta de Goberno aprobou tamén a apertura do procedemento de adxudicación do servizo de desratización, desinsectación e desinfección no termo municipal de Lugo que contará cun orzamento máximo de 32.100 euros anuais.

O servizo incluirá as seguintes prestacións mínimas: campaña de desratización para erradicar as ratas na superficie e establecer o equilibrio biolóxico na rede de sumidoiros seguindo as migracións dos animais.

A empresa adxudicataria deberá levar a cabo dúas fases de choque ao ano e cada semana o terá que vixiar e repasar de forma intensiva os puntos onde colocasen os portacebos co produto raticida.

Bus búho
O Concelleiro lembrou que o Concello porá en funcionamento na noite de fin de ano o coñecido como Bus Búho que funcionará desde a 01:00 da madrugada ata as 08:00 da mañá. Rábade pediu aos lucenses que utilicen o servizo e que deixen o coche na casa, sobre todo se van a consumir alcol,o pase ben, sen riscos ao volante.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova