Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde e a Concelleira de Xuventude entregan os premios aos gañadores da Busca do Tesouro


# Mércores, 30/12/2009
Nesta edición participaron 16 equipos con tres participantes cada un

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, entregaron os premios aos grupos gañadores do xogo na Busca do Tesouro, organizado pola Concellería de Xuventude.

Despois de dous días de intensas probas os seguintes grupos conseguiron os seus premios:

Para a categoría A, (de 14 a 17 anos):

1º premio, tres ordenadores portátiles para o grupo 383
2º premio, cámaras dixitais para Zinc So!
3º premio, un iPod para Las Buscadoras


Dentro da categoría B (de 18 a 30 anos) quedaron así:

1º premio, unha viaxe a Tenerife para Nosotros
2º premio, 3 cámaras de fotos para Nabuco
3º premio, un iPod para Lugones

Nesta edición participaron máis de corenta rapazas e rapaces, divididos en 16 grupos de tres persoas.

O Alcalde felicitou aos gañadores e tamén ao resto de participantes nesta proba na que ademais de divertirse lles permite coñecer mellor a cidade.

Ademais, neste acto procedeuse á entrega de diplomas dos cursos de Lingua de Signos, nivel intermedio e de monitor de tempo libre organizados pola Concellería de Xuventude.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova