Cargando....
Concello de Lugo
10/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo acada a prórroga para as 10 obras do FEIL que ten por finalizar


# Mércores, 30/12/2009
* O Concello de Lugo considerase satisfeito co traballo realizado, posto que moitos dos Concellos pediron prórroga da totalidade dos proxectos concedidos

O Concello de Lugo ven de acadar por parte do Goberno do Estado a prórroga para as 10 solicitudes das obras pendentes do FEIL de 2009 que quedan por finalizar. O Concello de Lugo desenvolveu no ano que remata 79 obras concedidas ao amparo do Fondo de Investimento Local e só tivo que pedir ampliación de prazo para 10 delas.

Trátase de prórrogas concedidas á primeira sen ningún tipo de requirimento, xa que estaban moi ben argumentadas polos técnicos municipais.

Ata o de agora en toda España téñense concedido 2.465 proxectos prorrogables que, previsiblemente se verán incrementados coas solicitudes que cheguen entre hoxe e mañá.

O Concello de Lugo considerase satisfeito co traballo realizado, posto que moitos dos Concellos pediron prórroga da totalidade dos proxectos concedidos. No caso de Lugo só se pediu ampliación de prazo para un 12% dos proxectos.

As obras para as que o Concello de Lugo pediu prórroga son as seguintes:

1. 09FEIL 43 (Cuberta edificio administrativo Ronda Muralla).- CONCEDIDA PRÓRROGA ATA 19/02/2010
2. 09FEIL 44 (Cuberta Casa Consistorial- Praza Maior).- CONCEDIDA PRÓRROGA ATA 05/02/2010
3. 09FEIL 45 (Casa para discapacitados).- CONCEDIDA PRÓRROGA ATA 19/03/2010
4. 09FEIL 47 (Casa Juventud en San Fiz).- CONCEDIDA PRÓRROGA ATA O 30/06/2010
5. 09FEIL 53 (Peonalización Parque de Frigsa).- CONCEDIDA PRÓRROGA ATA 13/02/2010
6. 09FEIL 54 (Reurbanización Rúa da Industria.- Fase 1.- Polígono de O Ceao.- CONCEDIDA PRÓRROGA ATA 31/01/2010
7. 09FEIL 66 (Urbanización contorno Ángel Carro) .- CONCEDIDA PRÓRROGA ATA 31/01/2010
8. 09FEIL 74 (Adecuación Costa da Viña- Parque Marcos Cela).- CONCEDIDA PRÓRROGA ATA EL 01/03/2010
9. 09FEIL 77 (Ampliación piscina Milagrosa).- CONCEDIDA PRÓRROGA ATA O 30/04/2010
10. 09FEIL 79 (Construcción Ximnasio).- CONCEDIDA PRÓRROGA ATA O 30/06/2010


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova