Imprimir

O CONCELLO DE LUGO PUBLICA AS LISTAS DO ALUMNADO ADMITIDO NA ESCOLA INFANTIL DAS FONTIÑAS


4/1/2010 Está aberto xa o prazo de matriculación dos nenos e nenas admitidos.

O Concello de Lugo publicou xa as listas de alumnos e alumnas admitidos na Escola Infantil das Fontiñas. Os interesados poden consultar o listado no tablón de edictos, na propia Escola Infantil e na Concellería de Educación sita no terceiro andar do Centro de Convivencia Uxío Novoneira.

Ademais, desde hoxe luns 4 de xaneiro poden realizar a matrícula dos cativos e cativas no centro municipal.

Por outra banda, está xa a traballar o equipo directivo e de profesoras do centro infantil que foron recibidas esta mañá polo Alcalde de Lugo, José López Orozco, no Salón de Plenos da Casa Consistorial.