Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Cabalgata de Reis do Concello de Lugo contará con cinco carrozas


# Luns, 04/01/2010
Repartiranse arredor de 1.000 quilos de caramelos no percorrido desde o Parque da Milagrosa á Praza Maior

Imaxe Asociada
O Concello de Lugo organiza un ano máis a Cabalgata de Reis que permitirá a nenos e maiores disfrutar da maxia e da ilusión chegadas desde Oriente na tarde do 5 de xaneiro.

A comitiva real sairá ás 18.00 horas do Parque da Milagrosa, subirá pola rúa Monte Faro, Avenida da Coruña, Praza do Ferrol, Rúa San Marcos, Praza de Santo Domingo, Rúa da Raíña e chegada á Praza Maior aproximadamente ás 19.15 horas. Na Casa do Concello, Melchor, Gaspar e Baltasar serán recibidos pola Corporación Municipal co Alcalde, José López Orozco á cabeza. Os Magos realizarán o seu tradicional pregón desde a balconada da Casa do Concello sobre as 20.00 horas.

Durante o percorrido ata a Casa do Concello desde as cinco carrozas participantes repartiranse arredor de 1.000 quilos de caramelos. No seu trono real situado no segundo andar da Casa Consistorial as Maxestades de Oriente repartirán unhas 2.500 bolsas de lambetadas.

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, pediu esta mañá en rolda de prensa aos pais o maior coidado cos seus fillos para evitar posibles problemas, aínda que participarán efectivos da Policía Local e Protección Civil, lembrou que haberá caramelos para todos.

A estrutura da Cabalgata será a seguinte:

- Gaiteiros de Arrincadeira
- Zancudos
- Carroza de Melchor - Carteiro real
- Charanga Paradela vestida de Charlot
- Carroza de Gaspar - Charlie Chaplin
- Charanga.es con vestimenta axeitada
- Carroza de Baltasar - Esfinxe exipcia
- Carroza das Termas
- Camión con publicidade que reparte balóns
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova