Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Concepción Burgo espera obter un consenso unánime de cara a creación da empresa mixta municipal de turismo


# Luns, 04/01/2010
* A Concelleira de Cultura e Turismo participou hoxe na comisión de municipalización do servizo de turismo que se reunirá de novo o 18 de xaneiro

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, manifestou hoxe que agarda “obter un consenso unánime de cara a creación dunha empresa mixta municipal de turismo”. Así o trasladou logo da comisión da empresa de turismo na que participaron o Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira, a oposición, así como a Cámara de Comercio e a Asociación de Hostaleiros.

“O Concello de Lugo seguirá traballando de cara a acadar unha decisión unánime que permita contar cun ente profesional para xestionar o turismo”, expuxo.

Concepción Burgo explicou que a comisión se reunirá de novo o próximo 18 de xaneiro, reunión na que se coñecerá a memoria que xustifica a creación do ente, para, unha vez consensuada con todas as partes, elevala a Pleno.

A Concelleira recordou que o Pleno do Concello decidiu iniciar os trámites para a creación da empresa na que o capital será maioritariamente do Concello, aínda que tamén se contará con capital de entidades privadas a través da convocatoria dun concurso público. A participación privada corresponderá con asociacións sen ánimo de lucro relacionadas co turismo, como poderían ser a Cámara de Comercio e a Asociación de Hostaleiros.

A proposta do Concello recolle un capital social de 40.000 euros aportado polo Goberno Local e dous bloques de 12.000 e 8.000 euros de participación privada mediante a compra de accións.

Ademais, tal e como explicou Concepción Burgo, unha vez exista a empresa pódense organizar clubs de produtos para realizar campañas específicas con todos aqueles que queiran participar.
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova