Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A X Mostra de Teatro Clásico de Lugo contará con seis representacións teatrais


# Martes, 05/01/2010
O Auditorio Municipal Gustavo Freire acollerá as obras teatrais entre o 31 de xaneiro e o 7 de febreiro

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, e o Director Territorial de Caixanova, Jesús Fernández Vidal, presentaron esta mañá a programación da décima edición da Mostra de Teatro Clásico de Lugo. A Concelleira destacou que “este certame teatral é un referente no calendario cultural da cidade tras estes dez anos de éxito de público e que se consolida ano tras ano na cidade pero tamén a nivel galego, pois esta mostra atrae ao público doutras cidades”.

A X Mostra de teatro Clásico estará composta por seis obras teatrais que achegarán á cidade ás mellores compañías do panorama nacional, entre as que figuran UR Teatro ou a Compañía Nacional de Teatro Clásico, entre outras. No ambicioso cartel están presentes os grandes mestres do teatro clásico europeo como Shakespeare ou Lope de Vega. A Concelleira explicou que “se tratan de seis obras de indiscutible calidade polos seus textos e as compañías”.

Este ano os organizadores agardan o mesmo éxito de público que o ano pasado que acadou unha media de 600 espectadores en cada unha das obras representadas.

A mostra arrinca o día 31 de xaneiro coa representación da obra de Lope de Vega ¿De cuando acá nos vino? da man da compañía nacional de Teatro Clásico. O luns 1 de febreiro Rafael Álvarez “El Brujo” presentará El Evangelio de San Juan.

O 3 de febreiro volve Lope de Vega coa representación de El Caballero de Olmedo da man de Teatro Corsario. Ur Teatro presentará o 4 de febreiro El sueño de una noche de verano de Shakespeare. O autor inglés será tamén o protagonista o sábado 6 de febreiro coa obra de El mercader de Venecia a cargo de Darek Teatro.

Misterio del Cristo de los Gascones a cargo de Nao D´amores Teatro porá fin ao ciclo o día 7 de febreiro.

As entradas estarán a venda desde o 11 de xaneiro, a través de www.caixanova.es ou no teléfono 902 504 500. O prezo establécese entre os 14 e os 7 euros, dependendo da zona, con descontos para estudantes, persoas en paro e xubilados. Ademais pódense mercar bonos para as 6 funcións a 50 euros na zona A, 38 euros na zona B e 27 na zona C.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova