Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco reclama "racionalidade, sentido común e que se chegue a un acordo" en relación coa lingua


# Martes, 05/01/2010
* Pídelle á Xunta un decreto que conte coa unanimidade do Parlamento Galego

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, reclamou hoxe “sentido común, racionalidade, e que se chegue a un acordo en relación coa lingua” porque -destacou- é a única maneira de darlle solución a este problema artificial, porque hai que gobernar con obxectivos e non só atendendo a momentos concretos”, incidiu.

“A ningún pai lle preguntan se ten que haber matemáticas en primeiro ou en segundo, se debe aprender primeiro o cálculo ou a xeometría diferencial, porque son os gobernos os que deben tomar decisións sobre os temas”, expuxo.

“Non se poden meter dentro da escola as liortas políticas artificiais. Creo que a mellor medida que se pode adoptar en relación co novo decreto do galego, visto que non conta coa aprobación de ninguén, é deixalo en suspenso ou ben seguir co decreto anterior e facer un que conte coa unanimidade do Parlamento Galego. Porque non se pode someter á cidadanía, a un país, a tensións innecesarias”, destacou.

López Orozco expuxo que a cultura e a lingua “son o noso capital máis importante, se perdemos algunha destas identidades perdémonos como país, perderíamos totalmente a nosa identidade”.

“Falamos dun país no que non había ningún problema, no que o Parlamento aprobou por unanimidade a Lei de Normalización Lingüística e que todo ía ben. Un país que lingüisticamente se foi normalizando e no que se creou un problema onde non o había”, concluíu.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova