Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acolle a VIII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico


# Xoves, 07/01/2010
Ata o 30 de xaneiro, poderanse visitar no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, unha trintena de obras galegas e portuguesas, que integran o fondo do Eixo Atlántico

Imaxe Asociada
O Centro de Convivencia Uxío Novoneyra acolle ata o 30 de xaneiro, a VIII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico. Con máis de 300 obras presentadas na última edición, a Bienal de Pintura, constitúe unha das principais Mostras da Península Ibérica, atopándose entre unha das tres con máis participación.

Esta selección de 30 obras percorre ao longo de dous anos as salas de exposicións das cidades integrantes da entidade transfronteiriza, dando a coñecer o estado actual da creación pictórica na nosa Eurorrexión, promocionando novos valores artísticos e favorecendo a mestizaxe cultural dos nosos creadores.

Nesta edición, verase o primeiro premio, da portuguesa Ana Pais Oliveira coa obra Vejo, de passagem, enquanto coso o meu vestido; os dous segundos, un galego, de Leonardo Rial Otero, e outro portugués, Pré-Esvoaço de Teresa Gil. Tamén estarán expostas as tres obras premiadas no apartado para os máis novos, rapaces de 11 anos coma foi o caso de Andrés Tejido de Sousa (Vigo, 1997), que gañou o segundo premio de novos talentos, pola parte galega.

Chegada á súa oitava edición, atopámonos ante unha Bienal de Pintura xa consolidada. Dende a súa primeira edición no ano 1997, que gañou a coñecida viguesa Berta Cáccamo, os premiados dos seguintes anos non deixan de ir acadando posicións destacadas no panorama artístico.

Esta exposición itinerante, é un importante vehículo das cidades para coñecer a calidade artística do outro lado da fronteira e que florece nos activos núcleos creativos galaico-portugueses.

A exposición estará aberta ao público en horario de tarde entre as 16.00 e as 20.00 horas.

Obras premiadas
As obras premiadas da VIII Bienal de Pintura son:
-Primeiro Premio Eixo Atlântico á mellor obra: "Vejo, de passagem, enquanto coso o meu vestido", de Ana Pais Oliveira.
- Segundo Premio á mellor obra de autor portugués á obra "Pré-Esvoaço", de Teresa Gil.
- Segundo Premio á mellor obra de autor galego á obra "Sen título", de Leonardo Rial Otero.

No Premio Novos Talentos as obras premiadas son:
-Primeiro Premio Novos Talentos Luso-Galaicos á obra identificada co título "A ferida" de Ismael Teira Muñiz.
-Segundo Premio Novos Talentos á mellor obra de autor portugués á obra " Geribéria e Romã" de Ana Sara de Carvalho Gomes.
-Segundo Premio Novos Talentos á mellor obra de autor galego á obra "Sen título" de Andrés Tejido de Sousa.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova