Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo saúda a decisión da Xunta de retirar o ámbito de actuación que o plan sectorial de vivenda tiña previsto en Lugo


# Xoves, 07/01/2010
* María Novo explicou que a mellor ubicación para levar a cabo esta actuación é a zona das Gándaras

Imaxe Asociada
A Delegada de Urbanismo, María Novo, saudou hoxe a decisión da Xunta de Galicia a través do IGVS de retirar o ámbito de actuación que o plan sectorial de vivenda tiña previsto en Lugo. A actuación estaba prevista nas unidades de intervención UI7 e UI6 do Pepri, (zonas traseiras da Virxe dos Ollos Grandes) e unha parte importante da zona do Carme.

A Xunta entendeu así as alegacións presentadas no seu día polo Concello e os veciños.

O Concello de Lugo ven defendendo, tal e como se recolle nun protocolo asinado coa administración galega en 2005, que os sectores de solo urbanizable S-3R e S-4.R como a gran actuación de iniciativa pública para ubicar o uso residencial con vivenda protexida en Lugo, pola súa proximidade ao Parque empresarial das Gándaras e posto que será o maior centro de postos de traballo no termo municipal.

A Delegada explicou que a Xunta de Goberno Local aprobou inicialmente o Proxecto de expropiación para a execución das obras de infraestrutura viaria do Plan Paradai. Novo indicou que "o Plan Paradai é un plan moi amplo e dentro da última fase iniciamos este plan de expropiación".
 
Por outra banda, a Delegada explicou que hoxe lle confirmaron a segunda xuntanza coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para tratar sobre o PXOM. A cita será o mércores que ven ás 12.00 horas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova