Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A situación na cidade por mor da neve está normalizada aínda que o Concello de Lugo manterá o dispositivo por mor do temporal


# Venres, 08/01/2010
Os servizos de protección municipais traballaron a reo para normalizar o tráfico das vías lucenses

Imaxe Asociada
O Concello de Lugo puxo en marcha desde onte xoves 7 de xaneiro un dispositivo especial por mor do temporal de neve que está a afectar a cidade. Así, todos os vehículos de Protección Civil foron equipados para botar sal. Desde este corpo cóntaronse con 20.000 quilos de sal para combater os efectos das xeadas, sobre todo nos puntos de acceso como as rotondas de O Ceao, Nacional VI en Nadela, rotonda de acceso o novo hospital, …

Durante toda a noite os efectivos de Protección Civil estiveron a realizar labores preventivas espallando sal en diferentes vías da cidade. Dende que se activou a alerta no día de onte levanse repartidos un total de 9 toneladas de sal.

Ao mesmo tempo, a empresa concesionaria do Servizo de Limpeza, Urbaser, esparceu aproximadamente  26.000 quilos de sal na cidade con camións brigada, furgóns, furgonetas, motocarros e satélites. Ademais, todos os barredores estiveron a sacar a neve cos seus cepillos cara as cunetas das beirarrúas.

Por outra banda, xa está totalmente reestablecido o servizo municipal de autobuses, que durante a mañá contou soamente con 4 liñas en funcionamento: 4, 9, 9A e 11.

Incidencias
Ao longo desta mañá a Policía Local recibiu aorredor 80 chamadas avisando de incidencias en diferentes puntos da cidade.

As prioridades nas primeiras horas foron as de traballar coordinadamente para facilitar o acceso á cidade e vías que soportan gran densidade de tráfico co fin de que no menor prazo de tempo a circulación fora fluída, así como nos accesos a hospitais e centros de saúde para garantir a atención sanitaria.

Os medios cos que se contaron foron os seguintes:
Efectivos de Protección Civil.-12 na noite de onte e 9 durante a mañá traballando espallando sal e co coche equipado con coitela para levantar a neve e poder espallar o sal.
Efectivos de Policia Local.-22 policías locais e 2 axentes de mobilidade

Con respecto a incidentes podemos salientar principalmente alcances e saídas de vía provocadas polo xeo nas seguintes zonas: Rúa Santiago con Ronda do Carme e República Arxentina, Río Eo con Río Sil, Avda. Madrid e Ronda do Carme.

Rexistráronse, ademais, problemas de circulación en vías de acusada pendente, provocados pola falta de adherencia dos vehículos en vías como:Alfonso X O Sabio, Pintor Corredoira, estrada da Fonsagrada, zona da estación de ferrocarril, Volta da Viña, Avda.Coruña ( Alto de Garabolos), paso elevado do tren.

Nestes intres o tráfico na cidade está normalizado aínda que a Policia Local e Protección Civil seguen en alerta por mor de posibles incidentes provocados polo temporal.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova