Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

López Orozco defende que Lugo é unha das cidades máis seguras de España


# Venres, 08/01/2010
* O Alcalde resaltou o excelente traballo de colaboración entre os corpos e forzas de seguridade

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, defendeu hoxe que Lugo, á vista dos datos oficiais, continúa sendo unha das cidades máis seguras de España. Así, explicou que desde a Subdelegación do Goberno poden facilitar os datos que así o constata.

Lamentou que poida saír un dirixente político a crear alarma ante unha suposta agresión da que a Policía non ten constancia. De ser certo, o que debería facer o PP é denuncialo, destacou.

O Alcalde resaltou que a cidadanía de Lugo é unha cidadanía tranquila e cívica, o que sitúa á cidade nun dos postos máis baixos en canto a delitos. Con respecto a este aspecto hai que resaltar tamén a boa colaboración que existe entre a Policía Local, a Policía Nacional, a Garda Civil e a Policía Autonómica que fan posible que Lugo sexa unha das cidades máis seguras de España.

Por iso, López Orozco, pediu ao concelleiro popular que non cree falsas alarmas entre a cidadanía lucense.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova