Imprimir

O PROGRAMA LUGO CONTIGO FACILITA O ACCESO A UN POSTO DE TRABALLO A 17 DESEMPREGADOS LUCENSES


12/1/2010 *A Concelleira de Economía e Emprego entregou os seus diplomas aos participantes do programa experimental en materia de emprego “Lugo Contigo”

* A Concelleira de Economía e Emprego entregou os seus diplomas aos participantes do programa experimental en materia de emprego “Lugo Contigo” e aos participantes da primeira fase do programa integrado para o emprego “Lugo contigo II”.

* O Concello está a preparar unha nova convocatoria deste programa na súa segunda fase

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, fixo entrega dos diplomas aos participantes na segunda edición do programa de emprego Lugo Contigo dirixido a persoas que contan con máis dificultades de acceso ao emprego, en especial persoas con algunha discapacidade, co obxectivo de reducir o seu índice de desemprego.  

Trátase dun programa de emprego, subvencionado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e que está realizado en colaboración coas diferentes asociacións de Lugo: ASPNAIS, Asociación de xordos, COGAMI, FADEMGA, AUXILIA, SINDROME DE DOWN, FEAFES…

Un total de 42 persoas foron as beneficiarias da segunda edición deste proxecto
que ten como obxectivo levar a cabo itinerarios personalizados de emprego co fin de acadar a inserción laboral: orientación laboral, titorías e apoio personalizado. Os beneficiarios teñen a oportunidade de realizar prácticas en empresas da cidade en distintos sectores propostos polas asociacións como a xardinería, limpeza, servizos sociais... As empresas que participan neste programa de emprego comprométense a contratar a un terzo dos participantes como mínimo.

Nesta fase os participantes realizaron prácticas nas seguintes empresas da cidade que no mes de novembro asinaron este acordo co Concello:

- Cruz Roja Española que acolleu a 9 persoas que traballaron no sector de auxiliar de axuda a domicilio e coidado.

- Urbaser S.A. que acolleu a 3 desempregados como operarios de residuos sólidos e urbanos.

- Limpiezas domiciliarias lucenses S.L. que contou con 3 participantes en prácticas.

- Calfensa Proyectos S.L. acolleu a 3 persoas que traballaron no sector da xardinería.

- Ingapan, S.L. contou con 10 participantes como operarios de produción e dependentes.

- Alalás S.L. acolleu a 3 persoas traballando como Xerocultores.

- Maderas Manuel Villamor, S.L. contou con 5 participantes como operarios de serrería.

- Arenal Perfumerías, S.L. acolleu a 3 persoas en prácticas como mozos/as de almacén.

Desde o Concello anímase aos empresarios da cidade a aproveitar as fórmulas para promover a integración laboral das persoas con discapacidade, que van dende as bonificacións por contratación ata as subvencións para adaptacións e axustes no posto de traballo. As empresas tiñan o compromiso de contratar a un terzo dos participantes, unha cifra que foi superada ao atopar traballo 17 deles ( 8 homes e 9 mulleres).

BENEFICIARIOS FINAIS

CRITERIO PARTICIPACIÓN HOMES MULLERES TOTAL
PERSOAS CON DISCAPACIDADE

5

4

9

INMIGRANTES

2

0

2

DESEMPREGADO EN XERAL

6

25

31

TOTAL

13

29

42

Lugo Contigo I
Na anterior edición participaron un total de 54 persoas, 24 homes e 30 mulleres, dos que 28 foron contratados polas empresas nas que realizaron as súas prácticas.

Así entre as dúas edicións do programa foron un total de 45 as persoas que conseguiron un posto de traballo, case a metade foron persoas con algunha discapacidade.

O Concello xa está a preparar unha nova convocatoria deste programa destinado a 60 persoas. As persoas con algunha discapacidade terán preferencia á hora da adxudicación das prazas para participar.