Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo alerta sobre un posible caso de fraude


# Mércores, 13/01/2010
O Concello de Lugo alerta sobre un posible caso de fraude que se ten detectado a través de chamadas telefónicas nas que unha suposta empresa da a entender que a auga da traída de Lugo non é potable.

Baixo este argumento visitan as vivendas e intentan vender unha “potabilizadora” aos cidadáns de Lugo.

Ante as chamadas alertando do problema o Concello de Lugo recorda:

1. A auga da traída é potable e perfectamente apta para o consumo.
2. Non é necesario utilizar ningún tipo de potabilizadora, posto que a auga é potable.

3. Pídelles aos cidadáns que saiban que se trata dunha práctica fraudulenta, posto que parten da base de que a auga non é potable cando non é así.

4. O Goberno Local dará parte ás autoridades competentes para que investiguen a orixe e os responsables e se lle poña fin ao engano.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova