Imprimir

O CONCELLO DE LUGO ALERTA SOBRE UN POSIBLE CASO DE FRAUDE


13/1/2010 O Concello de Lugo alerta sobre un posible caso de fraude que se ten detectado a través de chamadas telefónicas nas que unha suposta empresa da a entender que a auga da traída de Lugo non é potable.

Baixo este argumento visitan as vivendas e intentan vender unha “potabilizadora” aos cidadáns de Lugo.

Ante as chamadas alertando do problema o Concello de Lugo recorda:

1. A auga da traída é potable e perfectamente apta para o consumo.
2. Non é necesario utilizar ningún tipo de potabilizadora, posto que a auga é potable.

3. Pídelles aos cidadáns que saiban que se trata dunha práctica fraudulenta, posto que parten da base de que a auga non é potable cando non é así.

4. O Goberno Local dará parte ás autoridades competentes para que investiguen a orixe e os responsables e se lle poña fin ao engano.