Cargando....
Concello de Lugo
14/08/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acolle esta fin de semana o XXXIV Campionato Galego de Tiro con Arco


# Mércores, 13/01/2010
Un total de 118 arqueiros e arqueiras participan nesta proba que terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e o Vicepresidente da Federación Galega de Tiro con Arco, Manuel Campoy, e a Presidenta do Club Arco Muralla, Anabel Saulo, presentaron esta mañá o XXXIV Campionato Galego de Tiro con Arco que terá lugar o vindeiro sábado 16 de xaneiro na cidade.

Un total de 118 arqueiros e arqueiras, os mellores de toda Galicia, dos que 20 son lucenses, competirán  desde as 16:00 horas no pazo de Feiras e Congresos. Tirarán 60 frechas e os 16 mellores iranse eliminando ata chegar aos tres primeiros.

O Concelleiro resaltou o importante incremento que se está a rexistrar na cidade do número de deportistas, clubs e modalidades deste deporte; polo que agardamos que “este ano podan dispor dun espazo específico para entrenar ao longo de todo o ano e que os deportistas podan seguir mellorando”.

Pola súa banda, Manuel Campoy explicou que chama a atención o apoio do Concello a este deporte considerado como minoritario e que está a contar cunha importante aficción na cidade de Lugo.

Esta proba, incluída dentro do programa deportivo de Lugo10, será puntuable para o Campionato de España.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova