Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo entrega os premios do Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo


# Mércores, 13/01/2010
Os gañadores da XV edición repartíronse 860 euros en premios

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, entregaron esta mañá os premios do XV Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo organizado polo Concello de Lugo.

O Alcalde felicitou aos premiados e animounos a seguir disfrutando coa escritura para chegar a ser grandes autores que poñan na súa biografía que contan con este galardón.

Este certame conta con dúas categorías:

- A primeira para nenos de 12 a 14 anos que gañaron:

1º Premio a IRIS GONZÁLEZ RIVAS, coa obra Cadaleito de materia escura, do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba.

2º Premio a MARÍA ELENA LÓPEZ GONZÁLEZ, coa obra Pons Minae, do Colexio Nosa Sra. Da Asunción de Sarria.

3º Premio a AITOR LÓPEZ ARELLO, coa obra A chusca dos meus ollos, do IES Perdouro de Burela.

- A segunda, de 15 a 18 anos que tivo como premiados a:

1º Premio a BRAIS LAMELA GÓMEZ, coa obra O pozo prohibido, do IES Basanta Silva de Vilalba.

2º Premio a LUCÍA BARRERA LÓPEZ, coa obra Naquela noite de San Xoán, do IES Perdouro de Burela.

3º Premio a NOELIA MARTÍNEZ REY, coa obra Un verso do poema, da USC-Facultade de Ciencias.

Entre os gañadores do primeiro grupo repartíronse premios valorados en 360 euros, ademais de lotes de libros, diplomas e medallas. No segundo grupo a contía dos premios foi de 500 euros.

O certame foi creado hai 12 anos en homenaxe ao xornalista e escritor lucense, quen ademais de escribir numerosos artigos e diferentes obras, foi cronista oficial de Lugo, membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e membro da Real Academia Galega. Tamén dirixiu o Museo Provincial e foi presidente da Asociación Provincial de Amigos dos Castelos, entre outras actividades.

O xurado do certame estivo composto por: Mª Teresa Pena Moreda, directora da Biblioteca Municipal de Lugo, Xosé Manuel Castro Castedo, profesor de lingua e literatura galega de Educación Secundaria, Eva Seoane Cazón, funcionaria da Concellería de Educación, e Margarita Calderón Fernández, traballadora do Concello de Lugo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova