El Show de Flipy chega a Lugo dentro do programa especial de Lugo10
# Mércores, 13/01/2010
O científico tolo do programa El Hormiguero actuará o día 19 de febreiro ás 20.30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire
O venres 19 de febreiro o cómico actor, monologuista, guionista e produtor Enrique Pérez Vergara, coñecido mundialmente como FLIPY chega a Lugo para ofrecer o seu espectáculo
El Show de Flipy.
Trátase dunha actuación englobada dentro do programa especial de
Lugo10 organizado polo Concello de Lugo.
O espectáculo que terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire a partir das 20.30 horas, xira arredor do cómico televisivo. EL SHOW DE FLIPY é un divertimento, unha cita moi especial en aproximadamente setenta minutos co científico tolo do programa "El hormiguero".
O protagonista é pioneiro do xénero denominado stand up comedy en España. Non parou de subirse aos escenarios de toda a xeografía nacional e afrontar distintos retos en cine, televisión, publicidade e radio desde fai máis de dez anos.
As entradas estarán á venda a partir de mañá xoves 14 de xaneiro na taquilla telefónica de Caixanova 902 504 500 e na web
www.caixanova.es a un prezo de 18, 16 e 14 euros segundo a zona.
Compartir: