O Pavillón Municipal dos Deportes acolle o Campionato Comarcal Clasificatorio de Kárate
# Xoves, 14/01/2010
Será o vindeiro domingo 17 de xaneiro
O vindeiro domingo 17 de xaneiro o Pavillón Municipal dos Deportes acolle o Campionato Comarcal Clasificatorio de Kárate para clubs da cidade de Lugo.
En total serán nove clubs os que loiten por posicionarse nos mellores postos das diferentes categorías (alevín, benxamín, infantil e xuvenil):
- Shihan
- Galaico
- Maristas
- Franciscanos
- Divino Maestro
- Anexa
- Sagrado Corazón
- Rosalía de Castro
- Casás
Os clasificados finais pasarán a disputar a fase provincial que terá lugar o 31 de xaneiro na cidade con todos os equipos da provincia.
Os deportistas deberán facer dous katas que puntuarán para a clasificación final.
Compartir: