Cargando....
Concello de Lugo
27/02/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúa aberto o prazo de inscrición para participar na segunda fase de Lugo, Emprego Activo


# Xoves, 14/01/2010
Un total de 150 persoas poderán recibir formación teórica e realizar prácticas en empresas

O Concello de Lugo mantén aberto ata o vindeiro 23 de xaneiro o prazo de inscrición para participar na segunda fase do programa de inserción laboral Lugo, Emprego Activo.

Trátase dunha iniciativa que comezou o seu percorrido o ano pasado e que conta cun orzamento de 2,3 millóns de euros, dos que o 80% procede do Fondo Social Europeo, de achegas da UE. É un programa que ten como obxectivo fundamental a inserción laboral daquelas persoas que se atopan en condicións de especial dificultade para acceder a un emprego. Diríxese a aqueles colectivos que contan con maiores dificultades como poden ser as minorías étnicas ou as persoas con discapacidade, entre outras.

Nesta nova fase poderán participar 150 alumnos e alumnas que recibirán formación teórica e práctica en empresas. A oferta formativa presenta 10 cursos destinados a 15 alumnos por curso.

Os interesados en participar poden realizar a súa inscrición no Centro de Empresas e Innovación ou a través do 010.

A oferta formativa é a seguinte:

- Coidador de persoas discapacitadas físicas e psíquicas
- Atención especializada para persoas enfermas de alzheimer
- Axentes de desenvolvemento da comunidade discapacitada
- Técnico en transporte sanitario
- Monitor de educación ambiental
- Técnico de sistemas de enerxías renovables
- Mantemento de aire acondicionado e fluídos
- Operador de estacións depuradores de augas residuais
- Operario de redes e centros de distribución de enerxía eléctrica
- Técnico en recuperación de espazos degradados

Os participantes no proxecto contarán cunha beca para desenvolver a súa oferta formativa.

Os beneficiarios do proxecto entran a formar parte dun itinerario integral e personalizado de inserción sociolaboral no que desenvolverán:

1. Formación teórico práctica: encamiñada a desenvolver as capacidade e acadar un nivel axeitado de coñecementos para a inserción no mercado laboral.

2. Prácticas en empresas. As persoas participantes poderán poñer en práctica os coñecementos acadados para unha maior adaptación ás demandas das empresas.

3. Titorización e seguimento personalizado. Durante todo o proceso os beneficiarios disporán dunha orientación personalizada e dun seguimento continuado por parte do equipo técnico do proxecto .



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova